bueno tengo un amiguete que publico esto, y lo veo bastante interesante, yo me abstengo de comentarios, lo siento por estar en gallego, pero lo copie y peguè. saludos
NON AO PARQUE EÓLICO EN PENA TREVINCA
En breve pode comezar a instalación dun novo parque de aeroxeneradores na Serra do Eixo ubicado no principal cordal de acceso a Pena Trevinca desde o Oeste. Esta posibilidade pende desde xa hai uns anos como unha espada de Damocles máis sobre o macizo de Trevinca, a xeito de herdanza maldita do anterior goberno da Xunta.
Nas últimas semanas a Conselleria de Medio Ambiente por unha banda e a de Industria por outra, botan balóns fóra sobre o tema, tratando aparentemente de desviar a atención sobre o inminente acometemento das infraestructuras definitivas deste parque eólico, cos ánimos dunha coñecida alcaldesa da zona. Segundo eles o proxecto esta aprobado porque cumpre os requisitos “legais” e listo.
Para quen non coñeza moito a zona, dicer que a Serra do Eixo é un dos principais contrafortes das Trevincas, discurrindo de oeste a leste en plenas Terras de Valdeorras, ao norte do Concello de A Veiga. Na actualidade é un dos principais accesos a pé até o corazón do macizo pasando polo cume do Maluro e subindo desde o povo de Vilanova, puidendo necesitarse de crampóns na zona coñecida como Lombo do Rociín, sendo unha boa alternativa á subida Directa que se acomete desde A Ponte ou á máis curta que sae de Fonte da Cova. Moi perto esta o milenario -tamén ameazado polas minas de lousa- Teixadal de Casaio con especímenes cepados desde hai 4000 anos.
A construcción do parque eólico en cuestión suporia a invasión dunha parte importante -a máis ao O- do cordal da Serra do Eixo con vistas ao canón do Xares e ao encoro de Prada polo sul. A excusa “legal” é que supostamente estaría fóra da Rede Natura. A min a permivisidade ou connivencia dos poderes públicos con esta situación, pareceme unha auténtica mostra de cinismo, dandoselle cobertura a uns claros intereses economicistas.
O que queremos os colectivos de montaña, é que toda a Alta Montaña Galega -e nomeadamente as serras orientais- quede libre de aerogeneradores, dado o seu impacto ambiental, pero tamén social, incidindo especialmente dun xeito negativo no sector do lecer e o turismo. Que senso ten entón a recente inauguración parcial dun sendeiro -realizado con axudas europeas- de máis de cen kilómetros que costou un millón de euros e que cruza todo o macizo, para ver virandelos e máis virandelos?
Este contorno natural e social denominado hoxe Terras de Valdeorras, xa ten pagado con creces o “peaxe energético” a través da construcción dos innumerabeis encoros existentes na zona, ao longo dos rios Sil, Xares,…Algún deles como o devandito encoro de Prada (A Veiga) feito nos 60, supuso o desaloxo forzoso dos habitantes do pobo de Albergueria. Curiosa información sobre sobre este caso en:
http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas ... ranco0.htm
Os poderes públicos teñen que ser valentes na protección do noso medio natural e social, defendendo o que sen dúbida é o máis importante macizo galaico, o Macizo de Trevinca-Sanabria, o derradeiro e máis complexo sistema montañoso da nosa eurorrexión. Unha montaña irrepetíbel, un espazo salvaxe, un lugar para a aventura, unha alfaia xeolóxica, faunística e botánica.
Neste sentido, quero pedir todo o apoio necesario para o Club Peña Trevinca-O Barco e os outros sete clubes galegos de montaña, que pulan nesta campaña para a protección destes lugares emblemáticos, ante ameazas como estas e outras tamén recentes como a especulativo proxecto de estación de esquí na Veiga. Como Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda coido que temos que posicionarnos firmemente na defensa destes ecosistemas, como xa se ten feito no seu dia no caso de Pena Corneira e apostar pola creación dun Plano Íntegral de Desenvolvimento Sostíbel da Montaña Galaica, consesuado con todos os sectores implicados.
Por iso, hai que esixirlle á Xunta de Galiza que anule este proxecto e adopte as medidas definitivas que conduzan a todo o macizo de Peña Trevinca a ser recoñecido coa figura legal de Parque Nacional para todo o complexo montañoso que abrangue as provincias de Ourense, Zamora e León. Dunha vez por todas a administración autonómica e estatal teñen que ser conscientes da importancia de protexer a Alta Montaña Galega a modo de desfrute dos presentes e como herdanza para as vindeiras xerazóns.
Temos que prantexar iniciativas de acción para que isto sexa unha realidade, a ti que se che ocorre?